miércoles, 16 de enero de 2013

A Xunta afrontará as obras para a cobertura da grada de preferencia do Anxo Carro de Lugo

Calcúlase que as obras custarán más de 60.000 euros


Esta mañá visitou o Anxo Carro o Secretario Xeral da Xunta, Lete Lasa, que estivo acompañado por Xosé Bouso e Carlos Mouriz. O motivo da visita non foi outro que o anuncio por parte da Xunta da realización de obras próximamente para a cobertura da grada de preferencia, unhas obras que suporán unha inversión de máis de 60.000 euros.

“É unha obra tan necesaria como importante, unha demanda do club que debemos atender”, sinalou Lete Lasa, quen destacou ademais o grande esforzo que esta actuación supón no actual contexto económico que estamos a vivir.


Esta confirmación chega máis de medio ano despois do ascenso do C.D. Lugo á segunda máxima categoría do fútbol español, categoría por onde está a dar unha grande imaxe, recibindo numerosas gabanzas pola súa máis que boa xestión e polo seu excelente fútbol. E todo, a pesar de seguir contando coas peores instalacións deportivas dun clube militante en categoría profesional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario