miércoles, 13 de marzo de 2013

ANALISIS


Novas

13.03.2013

O secretario xeral para o Deporte presentou hoxe a gala de entrega dos Premios do Deporte Galego 2012, que se celebrará o vindeiro xoves, 21 de marzo, en Lugo

O Clube Deportivo Lugo elexido mellor clube masculino do 2012, o concello de Vilalba co mellor labor na promoción da actividade física e o deporte, o CPI Dr. López Suarez de Friol como mellor centro de promoción deportiva en idade escolar, en Galicia


José Ramón Lete Lasa e Raquel Arias presentando esta mañan en Lugo os premios Deporte Galego 2012
Lugo, 13 de marzo de 2013.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou hoxe que os Premios do Deporte Galego, que serán entregados o vindeiro xoves, 21 de marzo, en Lugo, recoñecen e agradecen a labor dos múltiples axentes “que fan do noso deporte un auténtico patrimonio que sempre nos da moitas alegrías.” 
Os Premios do Deporte Galego 2012 que, en palabras de Lete Lasa, son a “principal cita anual do deporte da nosa Comunidade” xunto ás Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia, serán entregados a vindeira semana nunha gala que presidirá o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo. 
Durante a súa intervención na presentación deste evento, no que tamén participou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Lete Lasa salientou que estes galardóns “veñen recoñecer o máis destacado no noso amplo e rico espectro deportivo”, representado nas 17 categorías dos premios que abranguen os múltiples axentes: deportistas, clubs, adestradores, árbitros e entidades de promoción do deporte galego, como os patrocinadores ou os medios de comunicación, entre outros. 
O secretario xeral para o Deporte puxo de relevo que na edición deste ano terán un especial protagonismo galegos que participaron no Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Londres 2012. “Realizaremos un especial recoñecemento a todos os galegos e galegas que nos teñen representado na capital británica na que, sen lugar a dúbidas, é a máis exixente cita a nivel mundial á que calquera deportista pode enfrontarse na súa carreira”, abondou. 
Nesta liña, destacou que na cita olímpica e paralímpica de Londres oito deportistas galegos “volveron a casa con dez medallas”, e fixo unha mención especial a David Cal, “convertido no deportista español con máis medallas nuns Xogos Olímpicos”, dixo; unha circunstancia que, xunto á súa “excepcional” traxectoria deportiva, ten motivado que a Xunta de Galicia presentara a súa candidatura ao Premios Príncipe de Asturias dos Deportes. Lete Lasa expresou, ao respecto, o seu desexo de que “estas certas e irrefutables aptitudes do noso excelente padexeiro sexan valoradas polo xurado”, concluíu. 
Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, agradeceu a elección da cidade das Murallas para a celebración do acto de entrega destes premios, o que “sen dúbida –asegurou-, é un recoñecemento especial ao deporte lucense, tan ben representado –dixo-, non só nos deportes de equipo, senón tamén naqueles deportistas que en disciplinas individuais levan o nome de Lugo alá onde participan en probas deportivas”.  
Así, grazas ao traballo da Secretaría Xeral para o Deporte, o próximo xoves 21 de marzo, “Lugo converterase no centro do deporte galego e, unha vez máis –aseverou Raquel Arias-, teremos a oportunidade de abrir o edificio da Xunta de Galicia á sociedade, dándolle un uso máis festivo a unhas instalacións ás que os cidadáns normalmente acoden por circunstancias distintas”.
Premiados
Tamara Echegoyen Domínguez e Sofia Toro Prieto-Puga, mellores deportistas femininas; David Cal Figueroa e Sebastián Rodríguez Veloso, mellores deportistas masculinos; C.R.A.T A Coruña e Clube Deportivo Lugo, mellores equipos feminino e masculino; selección galega de tenis en cadeira de rodas, mellor equipo de deportistas con discapacidade;Club Hockey Barrocás, mellor clube de base e CPI Dr. López Suárez de Friol, mellor centro de promoción deportiva en idade escolar; mellor adestrador, Jesús TomásMorlán Fariñas (adestrados (adestrador de David Cal); mellor árbitro CarlosCortés Rey (árbitro de ACB); mellor labor informativa o Faro de Vigo; mellor evento deportivo, Vuelta Ciclista a España;  patrocinio deportivo, Mecalia energy systems; revelación Ana Peleteiro Brión (triple salto); concello con mellor labor na promoción da actividades física e o deporte, concello de Vilalba;Galicia saudable, concello de Tuy e Camara Camara municipal de Valença; mención especial para  a Asociación galegado xogo popular e tradicional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario