OPINIÓN
José Ramón
Lete Lasa formaliza o convenio por dez anos, prorrogables ata un
máximo de vinte e cinco
A
SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE E O CLUB DEPORTIVO LUGO ASINAN UN
NOVO ACORDO DE CESIÓN DO ESTADIO ANXO CARRO
- Lete Lasa explicou que “o novo convenio vén dar resposta ás actuais exixencias do fútbol profesional no que tan solidamente se ten asentado o CD Lugo”, que no ano 2012 ascendeu á segunda categoría da Liga de Fútbol Española, o que comporta ter que cumprir cunha serie de condicións técnico-deportivas en canto ás instalacións empregadas
Lugo, 5 de maio de 2014.- O
secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o
presidente do Club Deportivo Lugo, José Bouso, asinaron hoxe na
Delegación da Xunta en Lugo o convenio de cesión do campo de fútbol
Anxo Carro á entidade luguesa para o desenvolvemento da súa
práctica deportiva.
O novo acordo, vixente durante dez anos
e prorrogable ata un máximo de 25, actualiza o contrato de
alugamento formalizado polo CD Lugo no ano 1974 coa Administración
central e que se mantivo nas mesmas condicións logo de que a Xunta
de Galicia asumira a titularidade do campo mediante o decreto de
transferencias de 1982 para o traspaso de funcións e servizos en
materia de cultura.
No acto da sinatura, no que estivo
presente a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o secretario
xeral para o Deporte explicou que “o novo convenio vén a dar
resposta ás actuais esixencias do fútbol profesional no que tan
solidamente se ten asentado o CD Lugo”, que no ano 2011 ascendeu á
segunda categoría da Liga de Fútbol Española, o que comporta ter
que cumprir cunha serie de condicións técnico-deportivas en canto
ás instalacións empregadas que non son requiridas para outros
equipos de menor categoría.
Segundo o convenio referendado hoxe, o
Club Deportivo Lugo comprométese a facer fronte a todos os gatos de
conservación, reformas, limpeza e seguridade necesarios para
garantir o bo uso das instalacións, incluído o pagamento dos
impostos do que sexa obxecto o inmoble.
Así mesmo, será
responsable de levar a cabo todas as obras necesarias para a
adecuación do campo de fútbol ás esixencias técnico-deportivas do
Consello Superior de Deportes para poder participar na competición
española como club de segunda categoría, xunto con calquera outra
obra ou mellora que indiquen a normativa xeral e a Liga de Fútbol
Profesional.
Lete Lasa aproveitou o acto de sinatura
para desexar que o Club Deportivo Lugo “continúe a súa
traxectoria ascendente dos últimos anos, que as máis de 7.800
localidades con que conta o Anxo Carro na actualidade sigan
enchéndose cada fin de semana como aconteceu este sábado no derbi
contra o Deportivo, e que o equipo siga alimentando os sonos dos seus
afeccionados e o orgullo de todos os lugueses”.
COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario